
O depósito do guindastre municipal mudará de lugar, pois pasa a situarse nas naves municipais do Polígono de Iñás, lugar no que as persoas que contraveñan a normativa viaria e causen prexuízo público poderán recoller os seus coches se tiveron que ser retirados de onde molestaban.
Trátase dun servizo pouco utilizado, xa que polo xeral a cidadanía é moi respectuosa coas indicacións viarias, se ben no verán incrementa o seu uso.
As naves municipais están situadas na rúa do Barbanza, moi preto do Punto Limpo. Nese mesmo lugar atópase o viveiro municipal de empresas e o dispositivo de Emerxencias Oleiros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.