Saturday 22 de February de 2025

O Curruncho Pop volve á Biblioteca Rego da Balsa cun formato que vincula e mestura a literatura coa música en directo


Alberto Montero abrirá o ciclo de concertos este sábado 15 de febreiro

 

Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos organizado pola Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística que acada a súa novena edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal, na cal as propostas musicais, en ocasións en formato inédito, xiran arredor dun referente literario.

 

Nestes anos teñen pasado polo Curruncho Pop interesantes propostas que mesturan música e literatura, como o proxecto Desnortadas de Rosalía Fdez. Rial e María Santiago e tamén referencias internacionais como Richard Lloyd, guitarrista dos míticos Television ou os portugueses Birds Are Indie, así como outros importantes músicos do panorama estatal e galego como Diego Vasallo, Elena Setién, Víctor Coyote, Hendrik Röver, Emilio José ou o desaparecido Rafael Berrío, e bandas locais como Chicharrón ou Psychofonía.

 

E este ano abrimos o cartel co valenciano Alberto Montero, que acudirá coa súa banda para presentar o seu novo disco, Ciudad dormida, no único concerto que ofrecerá este ano en Galicia.

 

Este é o calendario:

 

Sábado 15 de febreiro

20:00h. Concerto de Alberto Montero.

 

Sábado 15 de marzo

19:30h Presentación do libro ‘The Byrds. Más jóvenes que ayer’ de Fernando López, e concerto de Os Birdiños.

 

Sábado 26 de abril

19:30h Presentación do libro ‘The Velvet Underground’, de Rafa Cervera, con Pedro Granell e concerto de Os veludos soterrados.

 

Sábado 24 de maio

19:30h Presentación do libro ‘Lux and Ivy. Una cita con los Cramps’, de Juanjo Mestre, e concerto de As Cambras.

Deja un comentario