
• Unha obra premiada e unha cita coa literatura na Biblioteca Pública Municipal
O Concello de Muxía, no marco do programa cultural “Lendo Lendas”, organiza a presentación do libro “Fóra de Campo” da escritora Rosalía Fernández Rial, unha obra galardoada co Premio Roberto Vidal Bolaño 2024. O evento terá lugar o vindeiro venres, 14 de febreiro, ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal D. Santiago Rey Fernández-Latorre.
A presentación estará conducida pola técnica de cultura municipal, Miriam Carril, e contará coa participación de Artur Trillo, director da Escola Municipal de Teatro e fundador da compañía Talía Teatro. A propia autora, Rosalía Fernández Rial, compartirá coa audiencia detalles sobre a súa obra, que aborda a influência das redes sociais e o poder das contendas cotiás a través dunha linguaxe contemporánea que integra artes escénicas, plásticas e musicais.
Con esta actividade, o Concello de Muxía reafirma o seu compromiso coa difusión da cultura e o fomento da lectura, apostando por propostas que visibilicen a literatura galega e as súa s novas narrativas. A cidadanía estáconvidada a asistir a este encontro literario e a descubrir unha obra que invita á reflexión sobre a sociedade contemporánea.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Biblioteca Pública Municipal ou consultar as canles oficiais do Concello de Muxía.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.