
As entradas para este concerto, exclusivo en Galicia, xa están á venda
Tony Ann, popular pianista canadense, ofrecerá o 12 de xuño un concerto no Teatro Colón, dentro da súa xira mundial. Será unha actuación exclusiva a nivel galego que “volve a constatar que A Coruña é o gran motor cultural do noroeste, con figuras de gran relevancia na nosa programación cultural”, tal e como sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
As entradas para este concerto, que forma parte da súa xira mundial, xa están á venda a través de Ataquilla, o despacho de billetes da praza de Ourense e, en caso de quedar localidades dispoñibles, no propio teatro o día da actuación. Tony Ann é un virtuoso pianista solista que combina á perfección estilos contemporáneos e clásicos. Como bo coñecedor da harmonía, Tony supera os límites da música neoclásica e popular, creando composicións cheas de emoción, utilizando toda a gama das 88 teclas do piano.
Con máis de 100 millóns de visitas e máis de 6 millóns de seguidores nas redes sociais, Tony introduciu ás xeracións máis novas na música neoclásica a través da súa serie ‘playthatword’. Colaborou con artistas como Don Diablo, Wrabel e L.Dre, mostrando a súa versatilidade en estilos como EDM, Lofi e Pop.
É coautor dos singles de platino en EE.UU. ‘Sick Boy’ e ‘Call You Mine’ con The Chainsmokers, cos que realizou a xira norteamericana ‘Memories: Do Not Open’ e actuou en SNL e Good Morning America. A xira mundial de Tony esgotou as entradas en grandes cidades como Nova York, Los Ángeles, Tokio e Kuala Lumpur, conectando con fans de todo o mundo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.