
O Servizo de Recadación Municipal estrea instalacións. Esta semana abriu ao público a nova oficina, situada na planta soto do mercado municipal, con acceso directo desde a Praza do Concello. O persoal que atende o servizo recibiu a visita da concelleira de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior, Belén Lendoiro.
Entre os servizos que poñemos á túa disposición figuran a información e tramitación de xestións relacionadas cos padróns fiscais. Na oficina non se realizarán cobros. Lembra que os pagos deben realizarse ou ben por medios electrónicos, a través da pasarela de pagos do Concello de Carballo, ou ben en calquera das entidades financeiras que teñen conveniado o cobro coa Administración local (Abanca, BBVA, Bando Santander e Caixabank).
Nas mesmas instalacións está situada a oficina de xestión catastral, na que poden realizarse declaracións catastrais.
Servizos: información e xestión tributaria e declaracións catastrais
Horario de atención ao público: de 09.00 a 14.00, de luns a venres
Teléfono de contacto: 881 985 430
Correo electrónico: recadacion@carballo.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.