Saturday 22 de February de 2025

As Somozas celebrará a súa gran festa de Entroido o 28 de febreiro no pavillón municipal


• A xornada, que desenvolverase de 17:00 a 20:00 h, inclúe concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e a actuación de Paco Nogueiras.

• As persoas interesadas en inscribirse nos concursos poderán facelo o mesmo venres, de 17:00 a 18:30 h, no pavillón.

As Somozas celebrará a súa gran festa de Entroido o vindeiro 28 de febreiro no pavillón municipal, de 17:00 a 20:00 horas. A xornada contará cos concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’.

Este ano destaca a inclusión do concurso de doces típicos. Namentres, o concurso de disfraces contará con tres categorías: individual, parellas e colectivo. Aquelas persoas que desexen participar nestes concurso deberán inscribirse no mesmo venres, 28 de febreiro, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no propio pavillón deportivo.

A programación dará comezo coa degustación dos doces típicos, que irá acompañada dunha chocolatada e que terá lugar entre as 18:00 horas e as 18:30 horas.

Posteriormente, o músico e actor Paco Nogueiras tomará o escenario co seu espectáculo “Brinca Vai! (de aquí a acolá)” a partir das 18:30 horas. Baseado no libro-cd-dvd do mesmo nome, esta actuación combinará cancións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Finalmente, ás 19:30 horas, entregaranse os agasallos ás persoas gañadoras dos premios aos disfraces máis orixinais, no que haberá tres categorías (individual, parellas e colectivo). Tamén realizarase entrega dos premios aos mellores doces típicos do entroido.

Ademais, durante toda a xornada haberá inchables gratuítos para o desfrute da rapazada.

Desde o Concello alentan a participación en ambos concursos, xa que “non hai dúbida que o talento culinario e o enxeño de toda a nosa veciñanza sorprenderá a todas as persoas asistentes”. Así como animan “a celebrar estas festas tan emblemáticas desta época do ano na mellor compañía”.

Deja un comentario