
Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba atenderon o aviso por un incendio no punto limpo do polígono industrial de Negreira, en Covas. O lume non alcanzou a nave principal e tan só se viu afectado un galpón de refugallo, quedando totalmente extinguido antes das 21:00 horas de onte. Actuaron no lugar completando o servizo Protección Civil de Negreira e Guardia Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.