
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse hoxe coa coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores, e co ilustrador Alberto Vázquez para abordar a organización da terceira edición de Imaxinaria, Festival Internacional de Animación Afundación, que se desenvolverá na Coruña do 12 ao 16 de marzo para continuar a consolidarse como evento profesional de referencia para a difusión do xénero entre todos os públicos.
Durante a xuntanza, o representante da Xunta de Galicia confirmou a renovación do apoio ao encontro, co que se vén colaborando desde o seu nacemento en 2023 baixo a dirección compartida entre o propio Alberto Vázquez, gañador de tres premios Goya de animación, e de Matilde Rodríguez, comisaria da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. Imaxinaria ten tamén un compoñente solidario, xa que o seu compromiso social vese reflectido cada ano nos seus contidos e, ademais, forma parte do programa Cultura por Alimentos de Afundación.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.