
O Concello de Oleiros vai presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos para recibir financiamento para diversas actuacións que no seu conxunto suman 16 millóns de euros. En concreto trátase do Mercado Municipal de Perillo e a súa contorna, o Castelo de Santa Cruz, a fachada marítima de Santa Cristina, a biblioteca central Rialeda e o multiusos de Bastiagueiro.
Na última convocatoria deste tipo o Concello presentou a obra do paseo fluvial de Iñás e Nós, de 3,5 millóns de euros. Esta importante actuación de protección da natureza e fomento da mobilidade sostible cumpría con todos os requisitos para obter financiamento e, de feito, superou a valoración obxectiva. Foi na parte subxectiva onde foi excluída por cuestións partidistas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.