Friday 21 de February de 2025

Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade


Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron.

O Concello de Oleiros destina a Servizos Sociais e Igualdade 4 millóns de euros anuais. A política social do Goberno municipal garante que aqueles veciños e veciñas que atravesan situacións económicas graves, independentemente do seu lugar de nacemento, reciban axudas para acceder a produtos frescos en supermercados; aluguer e factura da luz; gratuidade do comedor escolar; compra de electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; medicamentos; actividades organizadas polo Concello,…

Deja un comentario