Friday 21 de February de 2025

Mañá, día 11 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para a primeira ruta do programa Andares por Galicia


O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao entroido dos Xenerais do Ulla, enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza.

Ante a demanda prevista para esta actividade, por razóns organizativas e para facilitar o proceso de inscrición, a adxudicación de prazas para a ruta de Andares por Galicia do sábado 22 de febreiro realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o martes 11 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 12 ás 15.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas participantes visitarán puntos de interese como o Sistema fluvial Ulla-Deza, o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a Ponte do Demo, a Fervenza do Toxa, a área recreativa, a praia fluvial ou a ponte de A Carixa para rematar cunha visita cultural ao Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla.

A saída do 22 de febreiro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros. Ocuparanse as prazas por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o martes 11 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 12 ás 15.00 horas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Deja un comentario