A alcaldesa, Inés Rey, recibiunos en María Pita e desexoulles sorte e acertos nesta nova etapa profesional
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita aos oito novos profesionais que se incorporarán nos vindeiros meses ao servizo municipal de Bombeiros. A rexedora, que estivo acompañada pola concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, desexoulles sorte e acertos nesta nova etapa profesional ao servizo da cidadanía coruñesa.
“A nosa cidade conta cun equipo de Bombeiros do máis alto nivel que desde o Goberno municipal continuamos a ampliar e mellorar, con melloras no parque municipal”, apuntou a alcaldesa, que destacou tamén o esforzo por dotar á cidade dun maior número de profesionais de emerxencias.
Francisco Brandariz Otero, Adrian Abad Cañas, Cesar Alonso Blanco López, Javier de la Flor Rubio, Adrián Vigo Barreiro, Noé Simón Espantoso Seijo, Gabriel Iglesias Pan e Carlos Lameiro Couto son os novos bombeiros da Coruña, que pasarán por un período de formación de dous meses antes de incorporarse co resto dos seus compañeiros e compañeiras.