Friday 21 de February de 2025

Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables de arquivos as accións a desenvolver nos vindeiros meses


O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos cinco centros arquivísticos xestionados pola Xunta para analizar os resultados do ano pasado e encamiñar as accións a desenvolver durante este 2025. Trátase dunha posta en común que abrangue os tres arquivos históricos provinciais, o de Lugo, Ourense e Pontevedra; o Arquivo de Galicia, con sede na Cidade da Cultura, e o Arquivo do Reino de Galicia, situado na Coruña e onde se celebrou a reunión.
Así, o representante do Goberno galego fixo fincapé cos directores e directoras destes equipamentos culturais que salvagardan a historia de Galicia a través dos fondos documentais, no programa de exposicións e actividades a desenvolver durante este ano, así como nos proxectos de dixitalización que se están a levar a cabo, con especial atención ao portal Memoria e Concordia. Na xuntanza tamén se trataron plans de formación e asuntos de xestión económica, ademais de lembrar que o vindeiro venres publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos.

Deja un comentario