Saturday 22 de February de 2025

O Concello afonda nunha maior coordinación policial para mellorar o seguridade na cidade


A Xunta Local de Seguridade analizou esta mañá os dispositivos conxuntos e as estratexias a seguir para dar cobertura a todos os barrios

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a sesión da Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que tomaron parte tamén a subdelegada do Goberno, María Rivas; a concelleira de Atención Cidadá e Seguridad, Montse Paz; o comisario principal e xefe provincial do 091 na Coruña, Carlos Gómez; a xefa da brigada provincial de Seguridade Cidadá, Ana Belén Gómez; o comisario xefe da Brigada Provincial da Policía Xudicial, Francisco Javier Balas; o inspector xefe da Comisaría Provincial, Ricardo Castelo; a xefa da unidade contra a Violencia da Muller, Manuela Vilaboy; o Intendente da Policía Local José Manuel Rico; e director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

No encontro afondouse nos procesos de coordinación entre os corpos da Policía Local e da Policía Nacional, coordinación que ten dado os seus froitos durante os últimos meses nunha serie de operacións conxuntas. Ao longo do 2024 celebráronse un total de 49 reunións entre o 091 e o 092 para coordinar actuacións. Ademais, deuse conta da actualización do Plan Local de Seguridade.

Tanto o Concello como a Subdelegación do Goberno coinciden na necesidade de actuar de xeito coordinado aproveitando todos os recursos humanos dispoñibles para prestar un mellor servizo á cidadanía. No encontro celebrado está mañá en María Pita deuse conta, entre outras cousas, dos datos de criminalidade na Coruña, situada 3 puntos por debaixo da media nacional. Desde o Concello puxéronse en valor distintos programas implementados nos últimos meses, como os dispositivos de control do ocio nocturno ou a aplicación da Policía Local que permite o contacto directo entre os comercios e a policía e que estes días esténdese á Gaiteira tras terse probado en Alcalde Marchesi a rúa Barcelona.

Deja un comentario