
A rede de bibliotecas públicas do Concello de Oleiros organiza obradoiros de creación libros pop up entroideiros para crianzas a partir de 6 anos. Os obradoiros comezarán ás 17:30 horas entre os días 19 e 27 de febreiro.
Desde o día 19 ata o 27 de febreiro terán lugar numerosos obradoiros de creación libros pop up con temática de entroido nas bibliotecas públicas do Concello de Oleiros. Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Cada obradoiro terá unha duración de 120 minutos.
Para participar das actividades é imprescindible inscribirse na biblioteca onde terá lugar o obradoiro. O aforo é limitado polo que se deberá reservar praza na propia biblioteca ou ben chamando a cadanseu número de teléfono. As persoas interesadas poderán inscribirse desde 10 días antes da data de realización da actividade.
Programación:
– 19 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE. NÓS
Tel.: 981 664 257
– 20 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Tel: 981 618 201
– 21 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO MERA
Tel.: 981 628 507
– 24 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO DE DORNEDA
Tel.: 981 626 638
– 25 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA MANUEL MARÍA DE OLEIROS
Tel.: 981 610 700
– 26 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE SANTA CRUZ
Tel.: 981 626 338
– 27 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Tel.: 981 639 511
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.