
O parque provincial de Betanzos recibiu aviso a primeira hora desta mañá dun accidente con catro vehículos implicados no km 2 da AP-9, en dirección Santiago. O accidente foi provocado por un xabarín que invadiu a autoestrada. Sete persoas resultaron feridas e foron trasladadas ao Hospital Universitario de A Coruña (CHUAC). Completaron o servizo Urxencias Sanitarias de Galicia (061), a Guardia Civil e Protección Civil de Cambre.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.