
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo atenderon hoxe, sobre as 13:30 horas, a un varón de idade avanzada que precisaba asistencia sanitaria e non podía abrir a porta da súa vivenda.
O propio alertante da situación foi a persoa que precisaba a asistencia. Unha vez no entorno do domicilio, os bombeiros comprobaron que se atopaba dunha vivenda unifamiliar illada e que alí xa se atopan dous TES cunha ambulancia de Soporte Vital Básico.
Os técnicos indicaron que estiveran chamando a porta, pero sen resposta por parte do residente. Ante esta situación, o equipo de intervención abriu unha fiestra lateral na planta baixa e, ao non obter resposta, decidiron acceder ao interior da vivenda a través dela para desbloquear a porta traseira e permitir o paso aos sanitarios.
Unha vez no interior da vivenda, localizouse á persoa -un varón de idade avanzada- no piso de arriba, sentada na cama, consciente pero algo desorientada. Indicou que se atopaba mal e que levaba tres días sen comer. Despois dunha pequena valoración, os técnicos decidiron trasladalo a un centro sanitario.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.