
Por primeira vez, a participación feminina superou á masculina con 1.038 mulleres e 956 homes na proba 5K
A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na entrega de premios ás e aos atletas vencedores, lembrando que queda pouco máis dun mes para a posta en marcha do circuíto de carreiras populares Coruña Corre 2025
A Coruña celebrou hoxe a XVII edición do Coruña 21, unha proba xa clásica do calendario deportivo anual da cidade e que este ano congregou 3.971 participantes entre as dúas probas: 1.977 persoas participantes na media maratón ás que se sumaron 1.994 persoas que tomaron parte na carreira da 5K, complementaria aos 21 quilómetros.
Por primeira vez na historia das competicións, a participación feminina superou á masculina con 1.038 mulleres e 956 homes na proba 5K. A alcaldesa, Inés Rey, destacou a alta participación feminina nesta edición e chamou a que “deixe de ser unha novidade para ser unha tradición”. Os resultados da proba poden consultarse na web www.carreirasgalegas.com.
A xornada arrincou ás 9.30 horas no Obelisco, punto de partida dun percorrido que pasou polos Cantóns, Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e os peiraos, para, xa posteriormente, bordear as praias de Riazor, Orzán e o Matadoiro, paso previo ao treito final por Santo André e Porta Real ata a chegada a meta, novamente no Obelisco.
A alcaldesa, xunto co concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios ás e aos atletas gañadores do medio maratón. Vanessa Carvalho e David Korichei os vencedores da proba en categoría feminina e masculina, respectivamente, cuns tempos de 1:14:57 e 1:04:04 seu paso pola meta.
Nota de Prensa
“Xornadas como a de hoxe amosan que A Coruña é sinónimo de deporte, e o compromiso do Goberno municipal é o de seguir apoiando aos clubes que forman parte tecido deportivo da cidade. Tamén melloraremos e ampliaremos as infraestruturas existentes, tanto en recintos cubertos como ao aire libre. Así o seguiremos a facer ao longo deste ano”, expuxo esta mañá.
Ambos destacaron os bos datos de inscrición e participación rexistrados nesta edición da C21 e a 5K e lembrou que xa queda só un mes para a posta en marcha do circuíto de carreiras populares Coruña Corre 2025, que arrincará motores o vindeiro 15 de marzo coa carreira da Torre de Hércules como primeira data do calendario. As inscricións xa están abertas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.