Friday 21 de February de 2025

Desaloxo dun edificio en Carballo debido a unha fuga de gas


Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados onte, sábado 8 de febreiro, pola tarde por parte da Policía Local de Carballo dun cheiro a gas no interior do edificio Compostela nº 11-15, situado na rúa Cemiterio Vello, do Concello de Carballo.

Á súa chegada ao lugar, constataron que moitos veciños do edificio xa sairan das súas vivendas por precaución, xunto aos clientes e empregados dun supermercado que se atopa xusto ao lado do inmoble.

Despois de cortar a chave de gas e comprobar que ningún veciño quedase aínda na vivenda, os bombeiros comezaron a revisar todo o edificio e a facer medicións. Ao non poder acceder ás vivendas, solicitouse a presenza dos técnicos do gas para que revisasen as instalacións. Finalizada dita comprobación, detectouse unha baixada significativa no piso 4º H polo que se procedeu a acceder ao interior do mesmo e, unha vez dentro, detectouse unha pequena fuga de gas nun dos tramos da tubaxe, acadando medicións de 1000 de gas propano, polo que se procede a cortar e precintar o contador e o subministro de gas do piso ata que se amañe a instalación.

Tras confirmarse que o resto da instalación non tiña perdidas, procedeuse a informar da situación aos propietarios do edificio e a permitir de nova a entrada ás súas vivendas.

Deja un comentario