Friday 21 de February de 2025

O Concello e a Fundación INCYDE organizan unha xornada formativa presencial sobre facturación electrónica, que terá lugar no Papagaio o día 27


A concelleira Diana Cabanas animou a participar na xornada, de inscrición gratuíta, “e que axudará ás persoas asistentes a dispor de máis orientación en materia financieira e fiscal”

O Concello da Coruña e a rede de viveiros da Fundación INCYDE colaboran na organización dunha xornada presencial gratuíta ideada para formar e orientar ás persoas asistentes en materia de facturación electrónica e acceso á plataforma do sector público.

A xornada, que terá lugar no centro municipal de empresas Accede Papagaio —situado na praza do Papagaio— celebrarase o xoves 27 de febreiro, entre as 16.00 e 17.30 horas. Na sesión explicaranse polo miúdo os principais conceptos e novidades no referente á simplificación de procesos administrativos, entre outros aspectos.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, animou ás posibles persoas interesadas a formalizar a súa inscrición, habilitada xa a través desta ligazón. “O Goberno de Inés Rey aposta pola colaboración institucional e interadministrativa para facilitar formacións como esta, moi útiles en materia financieira e fiscal”, expuxo.

Cómpre lembrar que toda a información sobre esta iniciativa pode consultarse remitindo un correo electrónico ao enderezo empresa@coruna.gal ou ben chamando ao número de teléfono 981189887.

Deja un comentario