
A actuación, incluída no Plan Único de Concellos POS+ 2024, conta cun orzamento de 31.846,60 euros
O alcalde de Laxe, Paco Charlín, e o tenente de alcalde, Eulogio Constantino, visitaron as obras de acondicionamento de vías no Lugar de Arrueiro para supervisar o seu estado e avaliar o avance dos traballos.
Esta actuación enmárcase dentro do Plan Único de Concellos POS+ 2024, promovido pola Deputación da Coruña, e conta cun investimento de 31.846,60 euros. O proxecto ten como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias da zona, garantindo unha maior seguridade e comodidade para a veciñanza.
O alcalde destacou a importancia destas melloras para o municipio e puxo en valor o esforzo realizado para continuar avanzando en proxectos que favorezan a calidade de vida dos veciños e veciñas. Pola súa banda, o tenente de alcalde subliñou o compromiso do goberno local en seguir impulsando iniciativas que respondan ás necesidades da cidadanía.
Desde o Concello de Laxe informouse de que os traballos avanzan segundo o previsto e agradecese a colaboración da veciñanza durante a súa execución.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.