
Tanto a Aula do Mar de Mera como a Oficina de Información Turística de Santa Cristina están abertas ao público.
No caso da Aula do mar, o horario de atención é de venres a domingo, de 10:00-14:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.
A Oficina de Información Turística de Santa Cristina atende os mércores e xoves de 10:00 a 14:00h e 16:30 a 18:30 horas.
Estes horarios ampliaranse nos meses de maior afluencia turística.