
Un total de 2.043 veciños e veciñas xa participaron na enquisa municipal aberta desde o pasado sábado para valorar a xestión e os servizos do Concello. De forma totalmente anónima calquera cidadán ou cidadá pode opinar, criticar e valorar actividades, programas, instalacións, grupos políticos, atención…
O Goberno municipal practica desde sempre unha política de participación moi aberta e directa, en contacto permanente coas entidades veciñais e os distintos colectivos do municipio, así como con centos de cidadáns preocupados e comprometidos co benestar da súa vila. Esta enquisa, tan pouco usual noutros concellos, é outra ferramenta máis para facilitar a participación democrática da poboación.
Unha vez pechado o cuestionario, informarase amplamente dos resultados a través dos distintos medios de comunicación municipais e, como non, o Goberno municipal teraos en consideración para a xestión do Concello.
O Concello agradece a súa participación a todas as persoas que xa cubriron a enquisa e anima a aqueles veciños e veciñas que aínda non o fixeran a que accedan á web www.enquisaoleiros.org.
ACCESO: https://enquisaoleiros.org/gl/
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.