Saturday 22 de February de 2025

Partido Ceuta-Galicia Campionato de España de Seleccións Autonómicas


Hoxe comezou o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 que se celebra en diferentes concellos da provincia, entre eles Miño.

O campo municipal de Gallamonde acolleu hoxe o único encontro da selección galega no municipio. O equipo sub 16 enfrontouse a Ceuta, nun partido ao que asistiu o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo.

A actividade continuará toda a fin de semana, con dous partidos o sábado: ás 9:30, ás 11:30; e tres o domingo, ás 9:30, 11:30 e 13:30 horas.