
O parque provincial de Boiro recibiu aviso esta madrugada dun accidente por envorco na Avenida de Ferrol, no Concello de Ribeira. Ao chegar ao lugar, o vehículo xa fora retirado pero a consecuencia do sucedido unha mancha de líquido esvaradío manchou a estrada. Os bombeiros procederon á limpeza con desengraxante a agua a presión. Completou o servizo a Policía Local de Ribeira.