Saturday 22 de February de 2025

Ribeira aproba o Plan de Obras e Servizos por valor de 1,7 millóns de euros. 


Hoxe celebrouse o pleno extraordinario onde se aprobou a proposta do POS+ 2025 por 11 votos a favor do BNG, PBBI e PSdeG e 10 abstencións do PP. 

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, a Deputación subiu a contía inicial deste plan até os 100 millóns de euros e espera que ao longo de 2025 haxa unha contía final que estea por volta dos 115 millóns de euros. “Este investimento foi que fai Deputación da Coruña nos 93 concellos da provincia, supera os 113 millóns de euros que a Xunta destina a través do Fondo de Cooperación Local e que leva conxelado unha década”. 

Esta cifra, significa moito para os concellos xa que supón o reparto de fond mediante criterios obxectivos e transparentes: así pois un 10% distribúese mediante cota fixa, un 5% é por esforzo fiscal, un 15% por número de parroquias, un pola poboación e outro 35% pola superficie do municipi 

O Goberno ribeirense impulsou unha consulta aos veciños e veciñas no comezo do presente ano coa intención de dotar á veciñanza dunha canle participativa, que tivo moi boa acollida, con máis de 300 peticións. Alén desta acción súmase as xuntanzas periódicas do Goberno nas distintas parroquias do municipio durante o ano. “Tivemos en conta a participación da cidadanía a través da consulta pública, o que nos permitiu escoitar directamente as propostas e necesidades de cada parroquia. Grazas ás achegas, fomos quen de identificar as prioridades que agora  

reflicten nestes proxectos e aquelas que non tiveron encaixe neste pla traballaremos para que poidan telo no Orzamento ou noutras subvencións que poidamos conseguir. Isto demostra o noso compromiso cunha xestión transparente e participativa” sinalou Pérez Barral. 

Analizando a proposta polo miúdo, no correspondente ao financiamento do gas corrente para servizos públicos suma un total de 797.000 euros. O rexedor, Luís Pérez quixo aclarar ao respecto: “Este equilibrio é fundamental para manter en funcionamento os servizos municipais sen descoidar o desenvolvemento de novas infraestruturas que impulsen o crecemento e melloren a calidade de vida da veciñanza. O rexedor lembrou como os servizos públicos básicos como saneamento, limpeza ou iluminación incrementaron o seu custo de prestación en 1,6 millóns de euros e “grazas a destinar eses preto de 800.000€ tamén fomos capaces de non subir impostos aos veciños e veciñas”. 

O rexedor destacou que o 90% da contía destinada a investimento vai para as parroquias porque segundo declarou, dende o Goberno local preténdese mellorar a calidade de vida da veciñanza. “O groso dos investimentos van para servizos esenciais como auga, saneamento e pavimentacións que permiten garantir que todos os veciños e veciñas teñan acceso a infraestruturas de calidade,

independentemente da parroquia na que vivan porque a día de hoxe existen actuacións que é preciso recoller para seguir ampliando a rede destes servizos”. 

Listaxe de actuacións: 

Saneamento: 

Ampliación do saneamento en Cristal (Olveira) con 43.000€. 

Ampliación do saneamento no lugar de A Ponte (Artes) con 67.000€. Ampliación do saneamento en Muíños (Oleiros) con 84.000€. 

Abastecemento de auga potable: 

Renovación da rede de abastecemento en Mosqueiros (Castiñeiras) con 52.000€. Pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña (Palmeira) con 116.000€. 

Pavimentación de rúas: 

Pavimentación da rúa Miguel Rodríguez Bautista (Ribeira) con 79.000€. Pavimentación da rúa Buenos Aires, entre rúa do Canaval e Travesía Buenos Aires (Corrubedo) con 93.000€. 

Mellora de espazos públicos para a comunidade: 

Novas gradas para o público no campo de fútbol de Carreira, cun investimento de 260.000 €, que permitirá mellorar as instalacións deportivas e apoiar ao noso deporte local. 

Renovación do parque infantil da rúa Castelao (Aguiño) con 103.000€ 

Despois da introdución do alcalde, Pérez Barral cedeulle a palabra ao segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta que valorou positivamente as liñas de acción desta proposta. Tivo palabras para a oposición: ”Non coinciden o que nos transmitiron os veciños e veciñas coas peticións do Grupo Popular”. Pola outra banda o tenente de alcalde, Vicente Mariño quixo por en valor a aprobación por unanimidade no anterior pleno extraordinario do pasado 10 de xaneiro a achega da Deputación de 134.012,37 euros para gastos socias e que permitirán contratar unha educadora social para poñer en marcha a casa de acollemento temporal de Carreira, garantir a prestación do servizo de axuda ao fogar ou a creación dunha liña de axudas para mellorar a autonomía persoal dos maiores. 

Mariño de Bricio tamén lembrou a importancia das obras nas redes de abastecemento por iso puxo en valor os investimentos que está facendo o Goberno local para acabar cos cortes na subministración porque, segundo dixo, “un servizo básico como a agua non pode ter cortes”. 

Xabier Vidal como concelleiro de Obras, analizou polo miúdo tódalas accións en rematou: “son obras necesarias e indispensables para renovar e crear novos servizos e equipamentos que mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Actuacións que foron consensuadas con criterios obxectivos e de equidade e que contan co respaldo do pobo porque dan resposta ás demandas do mesmo.