
∙ “Ledoño, Celas, Castelo, Orro, Sésamo e Sueiro non recibirán nin un € dos case 1,5 millóns que Culleredo obterá da Deputación”.
∙ “De novo Rioboo ignora ao rural, esta vez coa complicidade do resto da oposición”, sinala a portavoz popular, Izaskun García.
O Pleno extraordinario do concello de Culleredo aprobou este xoves o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación. Unha proposta que desde o Grupo Popular critican por considerala “insuficiente, pouco ambiciosa e de xeito evidente improvisada, sen ningunha planificación, que volve ignorar as verdadeiras necesidades do concello”.
A portavoz popular, Izaskun García, cuestionou na súa intervención a selección que desde o goberno fíxose dos proxectos levados ao pleno. “Baixo que criterios seleccionáronse estas obras e non outras, por que de novo preséntase unha proposta pechada, sen consenso previo, nin coa oposición nin cos veciños”, pregúntase a líder popular.
“De novo o rural o gran esquecido. Cando un goberno prefire investir en beirarrúas en lugar de garantir as redes de saneamento ou a accesibilidade no rural, o que nos está dicindo é que esas parroquias non son a súa prioridade. Non é só unha falta de xestión, é unha absoluta falta de respecto”, sentenza García.
Especialmente rechamante para os populares foi a postura do BNG. “Tras criticar a opacidade do goberno municipal no proceso para elixir os proxectos do POS, dan por bo unha listaxe no que se ignoran as demandas que desde hai décadas levan realizando os veciños de Castelo, Celas, Ledoño, Sésamo, Sueiro e Orro. Hoxe déronlle ao alcalde un cheque en branco, demostrando que o seu discurso cambia segundo convenlles”, reprocha a portavoz popular.
Finalmente, desde o PP aseguraron que non votarán en contra de ningún investimento que beneficie aos veciños, pero reclamaron maior planificación, ambición e unha verdadeira estratexia de futuro para Culleredo. “O noso concello necesita moito máis que parches. Necesita un goberno con ideas, que goberne para todos, con responsabilidade e visión de futuro”, concluíron.