
O parque provincial de Boiro recibiu aviso esta tarde dun accidente por choque de dous vehículos con dúas persoas atrapadas en Portanxil, con concello de Ames. Tras chegar ao lugar dos feitos, procederon á excarceración das dúas persoas, que resultaran feridas graves. Estas foron transportadas en helicóptero medicalizado, mobilizado polo Servicio de Urxencias Sanitarias de Galicia, con base en Santiago. Unha delas terminou falecendo.
Interviron tamén no lugar a Guardia Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.