Monday 10 de March de 2025

Alternativa dos Veciños aposta por obras do rural, así como, polo saneamento


Mañá día 6 de febreiro celebraráse un pleno extraordinario con motivo do POS 2025, nel se someterán a votación as obras que pretenden ser acometidas con dita financiación.

Alternativa dos Veciños aposta por destinar o financiamento dos recursos procedentes do Plan Único de Concello, para beneficiar as parroquias situadas nas zonas do rural, escoitando deste xeito a petición da veciñanza que sinte que a hora de realizar investimentos existe un desagravio comparativo entre o urbán e o rural.

Unha vez se nos deu traslado do listado de obras que estaban en disposición de poder optar o POS; así o fixemos saber apostando polo Saneamento da Parroquia de Boedo, pola Rehabilitación de pavimentos e acondicionamento de servizos de diferentes estradras da Parroquia de Almeiras, a terminación do acondicionamento das rúas de Tarrío, o arranxo do pavimento de Castro Laxe, así como, o tan demandado polos seús veciños, pleno tras pleno, a rehabilitación de pavimentos das Rúa de Río Chan e Rúa Canceán.

Alternativa seguirá traballando para que outras obras xa propostas polo noso grupo municipal saian adiente e por conseguir que o saneamento sexa unha realidade en todas as parroquias do Concello.