Friday 22 de November de 2024

O RallyMix de Touro do próximo fin de semana da inicio á tempada automobilística 2016 en Galicia


O I RallyMix Concello de Touro, que se celebrará o próximo fin de semana (5-6 de marzo) na localidade de Loxo (Concello de Touro), servirá para dar inicio ao calendario oficial das probas da tempada automobilística 2016 en Galicia. O I RallyMix de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo,da Xunta de Galicia e do Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016. “Outra proba automobilística tivo que suspenderse e este RallyMix de Touro vai ser a primeira cita automobilística en Galicia dentro de todas as especialidades e competicións que se celebran na comunidade ao longo do ano”, apunta o máximo responsable de Touro Motor, José Ramón González.
O RallyMix conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 11.4 quilómetros. E a terra e o asfalto repartiránse ao 50% o circuito, que discurrirá nas proximidades de Loxo. O sábado 2 de marzo comenzarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.00 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.00 horas. E haberá outras dúas mandas nese día, que comenzarán vinte minutos despois de que remate o percorrido o último coche. O domingo día 6 de marzo contará con dúas mangas. A proba ese día está prevista para ás 10.00 horas. Xa pola tarde será a entrega de trofeos.
Touro Motor confía en que acuda numeroso público e afeccionados a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016. Hoxe ás 24.00 horas remata o prazo para que os pilotos poidan apuntarse. José Ramón González confía en que compitan arredor de uns 40 pilotos procedentes de toda Galicia.