![](https://acoruñanarede.gal/wp-content/uploads/2025/02/control-policia-garda-civil.jpeg)
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous corpos de seguridade, que permitiu detectar en só tres horas a cinco persoas que conducían baixo os efectos de sustancias estupefacientes.
Aos cinco positivos en drogas engádense a apertura dunha acta de infracción da Lei de Seguridade Cidadá por tenencia de drogas e a localización dun condutor cuxo vehículo tiña caducada a ITV. Así mesmo, as forzas de seguridade detiveron a un individuo que circulaba nun coche coa súa parella malia ter decretada unha orde de alonxamento.
O control de tráfico realizouse en tres puntos da zona urbana ao longo da tarde do martes: na estrada de Santiago, na rúa Vázquez de Parga e na Revolta. Este tipo de actuacións forman parte do traballo conxunto que veñen realizando Policía Local e Garda Civil reforzan o convenio asinado a finais do 2024 entre a Secretaría de Estado de Seguridade (Dirección Xeral da Garda Civil) e o Concello de Carballo (A Coruña) en materia de seguridade. Podes consultalo na ligazón.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.