García Patiño explicoulles o funcionamento da administración local, o regulamento dos plenos, e as atribucións e competencias dos concelleiros
O Concello de Cambre recibiu esta mañá a preto de 70 alumnos de Educación Primaria do CEIP Portofaro que participaron nun pleno infantil desenvolvendo o papel dos concelleiros e dos veciños. Antes da improvisada sesión plenaria, o alcalde, Oscar García Patiño, explicoulles o funcionamento da administración local, o regulamento dos plenos, e as atribucións e competencias dos concelleiros.
Os pequenos, dos cursos 4º de Educación Primaria, estiveron moi interesados no papel que desempeñan os traballadores municipais e os concelleiros. Trala explicación do primeiro edil, subiron as súas bancadas os novos “edís”. Neste senso, García Patiño, contestou a unha vintena de rogos e preguntas relacionadas cos problemas dos veciños de Cambre. Os nenos, moi incisivos, esixiron melloras nos parques infantís, la cubrición lateral de la pista del Portofaro, e a mellora do parque Ramón Barba. Ademáis, fixeron un debate sobre dúas propostas para os ornamentos simulando unha sesión plenaria.
Tras rematar sesión plenaria, levouse a cabo unha foto de grupo e entregóuselles un doce que levaba gravado o emblema do Concello.