Tuesday 04 de February de 2025

Accidente sen feridos en Carballo


O parque provincial de Carballo recibiu aviso da policía local por mor dun accidente na Avenida da Milagrosa en Carballo onte luns pola tarde. A colisión produciuse entre dous vehículos sen que ningunha persoa resultara ferida, quedando un dos automóbiles parado na estrada e perdendo líquido refrixerante. Os bombeiros procederon á retirada do vehículo e limpeza da vía. A policía local completou o servizo controlando o tráfico.

Deja un comentario