Tuesday 04 de February de 2025

O alcalde reunirase co secretario de Estado de Medio Ambiente para desbloquear a finalización do paseo da ría entre Beiramar e Cambre


Despois de semanas reclamándoo, o alcalde, Ángel García Seoane, será recibido en Madrid este mes polo secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O Concello leva meses denunciando que o Goberno central deixou inacabado o paseo da ría, entre Beiramar e Cambre; ademais da urxente necesidade de reparación da pasarela de acceso ao Castelo de Santa Cruz.

“Agardo que teñamos boas noticias. Entendo que se me reciben é para dicirme que van facer o que demandamos, non para dicirnos que non”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Deja un comentario