O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este venres, 4 de marzo, ás 20.00 horas un acto informativo sobre o programa de axudas “Vivendas do Camiño”. Dende o Concello de Fene faise un chamamento para que todos os/as veciños/as propietarios/as de vivendas que discorren polo Camiño Inglés asistan e se informen de primeira man sobre cómo solicitar estas axudas.
O acto estará conducido por representantes da Xunta de Galicia e do concello de Fene.
Entrada libre.