A pinza do concelleiro tránsfuga con PSOE e PP causa un profundo malestar na veciñanza
O alcalde de Carral, Javier Gestal, convocará de novo un pleno para que sexan aprobadas un grupo de importantes obras públicas boicoteadas o pasado xoves polo PP, o PSOE e o concelleiro tránsfuga Francisco Bello, que fora elixidos na candidatura da Alternativa pero que decidiu votar cos grupos da oposición contra estes avances tan necesarios.
O bloqueo deste concelleiro causa un profundo malestar en moitos veciños e veciñas, que ven como se poñen en perigo importantes obras das súas parroquias. Entre estas obras había algunhas que incluso propuxera o PSOE.
O grupo de obras que pretendían incorporar tanto o tránsfuga como os seus novos aliados de PP e PSOE non cumpren cos criterios que establece a Deputación para poder ser financiadas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.