O investimento aproximado é de 40.000 euros, incluíndo a limpeza de cunetas, bacheo, nova pavimentación e sinalización horizontal.
O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora das condicións da estrada e da seguridade viaria no núcleo da Pedra, da parroquia de Golmar.
A intervención comezou cos labores de limpeza de cunetas para, a continuación, acometer un bacheo profundo e aplicar unha nova capa de pavimento en aglomerado asfáltico nunha lonxitude lineal de 560 metros. Tamén se contempla a sinalización horizontal co pintado das marcas viarias precisas, incluíndo símbolos de stop en ambos extremos da estrada.
O concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, desprazouse ata o lugar das actuacións para coñecer o resultado dos traballos que se están a acometer dentro do plan municipal de conservación da rede viaria.
O investimento aproximado deste proxecto é de 40.000 euros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.