Tuesday 04 de February de 2025

Neda contará cunha axuda provincial de 40.000 euros para activar o seu programa de integración laboral


O Concello de Neda reeditará ao longo do 2025, coa colaboración da Deputación da Coruña, o seu programa de integración laboral. O obxectivo da iniciativa é incorporar ao mercado de traballo a veciños/as inscritos/as como demandantes de emprego, con especiais dificultades de inserción laboral e, ao tempo, impulsar a realización de obras de interese xeral no municipio.

Con cargo a unha axuda de 40.000 euros, concedida no marco do Plan de Emprego Local (PEL Concellos), Neda dotarase dunha cuadrilla de albaneis para desenvolver actuacións relacionadas coa mellora das vías públicas e dos accesos a núcleos de poboación e a posta a punto da rede de sumidoiros.

O programa irá destinado fomentar o emprego mediante a contratación temporal de persoal para a realización de servizos básicos e esenciais. En total, serán cinco persoas as que se incorporarán temporalmente ao cadro de persoal do Concello, paliando durante uns meses a falta de operarios municipais. Como nos últimos anos, os albaneis ocuparanse de realizar pequenas obras de reparación e mantemento.

Deja un comentario