• A primeira xornada, “Medidas legais para protexer o meu negocio en internet” será o 11 de febreiro, a partir das 10:00 horas
• A segunda xornada, en colaboración coa oficina Acelera Pyme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica que se celebrará o 19 de febreiro, será a partir das 10:00 horas
A Cámara de Comercio de Santiago segue promovendo, a través do Programa Acelera Pyme, o impulso da dixitalización e a seguridade xurídica dos pequenos e medianos empresarios coa organización de dúas novas xornadas formativas clave para o futuro das pemes.
A primeira xornada, “Medidas legais para protexer o meu negocio en internet” será o 11 de febreiro, a partir das 10:00 horas, centrarase en proporcionar ao empresarios as ferramentas necesarias para protexer os seus negocios online frente a posibles riscos legais. Ramón Rey, director de Castelao Abogados, Boutique xurídica de dereito de Autor, Propiedade Industrial e Dereito Dixital. Profesor Xestión de Dereitos de Propiedade Industrial en UNIR, ofrecerá claves sobre a normativa vixente, o cumplimento da Lei de Protección de Datos e as melloras prácticas para asegurar a seguridade xurídica no entorno dixital.
A segunda xornada, en colaboración coa oficina Acelera Pyme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica que se celebrará o 19 de febreiro, a partir das 10:00 horas, abordará “O último sobre a factura electrónica en España: Lei Antifraude (Veri Factu) e Lei Crea e Crece” na que se profundizará nos cambios lexislativos que afectan á facturación electrónica e como as pemes poden adaptarse ás novas exixencias. Os participantes coñecerán, da man de Daniel Cerqueiro, CMO de Docuten, empresa especializada en firma dixital e facturación electrónica, os detalles da nova Lei Antifraude, que introduce a obligatoriedade da factura electrónica en determinadas operación, e a Lei Crea e Crece, que facilita a dixitalización e a xestión empresarial.
Ambas xornadas están deseñadas para proporcionar aos empresarios os coñecementos necesarios para ampliar coas normativas legais e optimizar a xestión do seu negocio no entorno dixital. Estas accións formativas son gratuitas e telemáticas, previa inscripción na web da Cámara
www.camaracompostela.com, e están abertas a todas as pemes e autónomos interesados en mellorar a súa competitividade e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e regulatorios.
As Oficinas Acelera Pyme para Kit Digital
As Oficinas Acelera pyme para Kit Digital postas en marcha por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, coa colaboración de Cámara de España, ten como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e autónomos. As actuacións, están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Digital 2026 e o Plan de Digitalización de Pymes 2021-2025.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.