O Goberno de Inés Rey organiza un total de 11 cursos dos que se poderán beneficiar 165 persoas
A Coruña, 3 de febreiro de 2025.- O Concello da Coruña porá en marcha esta primeira semana de febreiro a súa oferta formativa do primeiro semestre do 2025 para persoas desempregadas. “Desde o Goberno de Inés Rey queremos que a cidadanía se incorpore ao mercado laborar e por iso fomentamos diferentes cursos que permitirán ás persoas participantes adquirir coñecementos que lles farán máis doado optar a distintos traballos”, indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
Para esta primeira metade do ano a oferta formativa municipal, que se impartirá no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, conta cun total de 2.402 horas formativas, repartidas en 11 cursos diferentes. Hai un total de 165 prazas dispoñibles para a cidadanía. As persoas interesadas poden solicitar información a través da servizo municipal de Emprego.
Os cursos desenvolveranse entre o mes de febreiro e o mes de outubro, cunha duración que obscila entre as 30 e as 761 horas. Cada curso terá un máximo de 15 alumnos ou alumnas, o que permitirá unha maior especialización de cada un dos participantes/as. “Ofertamos cursos que teñen un gran valor para entrar rapidamente no mercado laboral, como son os relacionados coa construción, a hostalería ou a capacitación dixital”, apunta Diana Cabanas.
Para participar nos cursos de formación, cómpre pedir cita ao servizo de orientación laboral chamando ao 010 ou ao 981 184 399. Un servizo municipal de balde que, a través dun proceso de orientación personal, selecciona os cursos que máis se axustan ao perfil da persoa interesada.
A oferta formativa municipal para o primeiro semestre
● Soldadura con electrodo revestido e TIG:
○ Número de alumnos: 15
Nota de Prensa
○ Inicio e fin: 21 de marzo – 1 de outubro
○ Horas formativas: 761
○ Horario: 9.00 a 15.00 horas
● Pintura decorativa na construción:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio e fin: 7 de febreiro – 28 de xullo
○ Horas formativas: 661
○ Horario: 8.30 a 14.30 horas.
● Operacións básicas de cociña con certificado de profesionalidade: ○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Marzo
○ Horas formativas: 365
○ Horario: 9.00 a 14.00 horas
● Operacións básicas de restaurante bar con certificado de profesionalidade: ○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Marzo
○ Horas formativas: 305
○ Horario: 9.30 a 14.30 horas.
● Capacitación dixital 1:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Febreiro
○ Horas formativas: 30
○ Horario: 9.30 a 13.30 horas
● Capacitación dixital 2:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Febreiro
○ Horas formativas: 30
○ Horario: 9.30 a 13.30 horas
● Capacitación dixital 3:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Maio
○ Horas formativas: 30
Nota de Prensa
○ Horario: 9.30 a 13.30 horas
● Capacitación dixital 4:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Maio
○ Horas formativas: 30
○ Horario: 9.30 a 13.30 horas
● Maniputación de carga con carretillas elevadoras:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Abril
○ Horas formativas: 50
○ Horario: 9.30 a 14.30 horas
● Manipulación de carga con carretillas elevadoras:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio: Maio
○ Horas formativas: 50
○ Horario: 15.30 a 20.30 horas.
● Competencias clave:
○ Número de alumnos: 15
○ Inicio e fin: Do 4 ao 30 de abril
○ Horas formativas: 90
○ Horario: 9.00 a 15.00 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.