O centro cultural A Fábrica acollerá este sábado 8 de febreiro ás 20:30 horas o concerto Abril, Fado Atlántico (fado e outras músicas atlánticas). As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir de forma anticipada a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.
Abril, Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrol¬terra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre coa instrumentación típica de fado portugués.
Daniel Adzemian, guitarrista arxentino, é o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións. Varios foron os artistas que colaboraron co grupo, resaltando o labor de José Calabuig (guitarra clásica) ou da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL fado atlántico, chamado PAZO DA MERCED.
O grupo rematou a produción do seu terceiro traballo discográfico, feito integramente en galego, destacando a participación da fadista compostelá Sara de Sousa, que actuou en diversas escenarios de Porto e outras localidades do norte de Portugal. Iria Quintía guitarrista de formación superior clásica (viola de fado) completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.
Integrantes: Sara de Sousa (voz), Iria Quintía (guitarra clásica) e Daniel Adzemian (guitarra portuguesa)
Venda anticipada de entradas: www.giglon.com
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.