Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo son informados dun incendio nun colector de lixo na rúa Manuel Fraga Iribarne, no Concello da Laracha.
Na chegada ao lugar do incidente observan que se trata dun colector de lixo que acaba de ser extinguido por un voluntario de Protección Civil.
Descoñécese a orixe do lume, que non causou máis danos que os do propio colector.
Logo da extinción das chamas comprobouse que a situación quedou totalmente controlada.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.