Saturday 16 de November de 2024

Ánxeles Rodríguez acada tres ouros no Campionato Galego de Atletismo de pista cuberta


A atleta ordense Ánxeles Rodríguez destacou unha vez máis sobre a pista. Nesta ocasión foi no Campionato Galego de Atletismo de pista cuberta, disputado recentemente na Coruña, concretamente nas instalacións de Riazor. De alí a deportista local saíu con tres medallas de outro colgadas tras demostrar ser a mellor a nivel autonómico nas probas de lanzamento de peso, salto de altura e lonxitude.