Sunday 02 de February de 2025

Un febreiro de consulta para coñecer a satisfacción da veciñanza de Oleiros co seu Concello


Febreiro será en Oleiros un mes dedicado a recoller a opinión da veciñanza sobre a xestión do municipio grazas a unha enquisa aberta e anónima que poderá responderse accedendo a través da web municipal ou no enderezo virtual “enquisaoleiros.org”. A veciñanza tamén recibirá na súa casa unha tarxeta co código QR de acceso.

Un conxunto de preguntas que poden responderse nuns poucos minutos para valorar o conxunto dos servizos públicos que presta o Concello a través de servizos, programas ou instalacións, sobre o que cada persoa pode indicar se os coñece. De ser así pode valoralos do 1 ao 10 e deixar o comentario que desexe.

A xestión do Concello pode tamén valorarse globalmente do 1 ao 10 e por áreas municipais relacionadas cos servizos públicos universais e o espazo público. Pode cualificarse a atención recibida polo persoal nas dependencias do Concello.

As persoas poden poñer nota á representación política, tanto á do goberno como aos grupos da oposición. A enquisa tamén pregunta sobre asuntos de actualidade e reserva un espazo para opinar libremente sobre calquera cuestión.

A enquisa é anónima. Tan só se solicita a idade da persoa e a parroquia de residencia.

Deja un comentario