Sunday 02 de February de 2025

O concerto de bandas sonoras abre a programación do CMUS para o mes de febreiro


Enviamos ligazón ao programa de concertos e audicións programados polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo para o mes de febreiro: https://carballo.org/axenda.php?id=3087&idioma=gl&sec=31
A primeira cita será o día 8 co concerto de bandas sonoras, que colleitou gran éxito o ano pasado e foi unha das actuacións do programa das festas de San Xoán. Enviamos cartel do evento.

Deja un comentario