
Os bombeiros do parque provincial de As Pontes participaron na apertura dunha porta por persoa con mobilidade reducida que era incapaz de abrila no seu domicilio.
O operativo entrou no domicilio mediante a rotura dunha ventá polo patio exterior.
A persoa atopábase en perfecto estado de saúde e non precisou coidados por parte do persoal sanitario, quedando ao coidado da súa filla.