Monday 24 de February de 2025

Carral perderá 1,1 millóns da Deputación polo boicot do concelleiro tránsfuga, o PP e o PSOE ao Goberno municipal


Aínda sendo conscientes da imposibilidade de aprobar outras obras e de que se perderían os cartos, votaron en contra da proposta do Goberno

 

O concelleiro tránsfuga Francisco Bello, aliado co PP e cunha edil do PSOE, impediu cos seus votos no pleno que o Concello de Carral poida realizar as obras que o Goberno de Alternativa dos Veciños ía incluír no Plan provincial de obras e servizos por importe de 1.184.087 euros. Trátase do saneamento de Gosende, ampliar o de Cañás, mellorar a polideportiva do Espiño, arede de iluminación con tecnoloxía led no lugar de Pedreiro, asfaltado e cunetas de formigón na rúa da Fraga, mellorarar a iluminación pública entre Sergude a Cañás, as cunetas da rúa Vista Real e asfaltado da estrada de Cimadevila a Montecelo.

 

Co único afán de boicotear ao Goberno municipal, aínda sendo plenamente conscientes e coñecedores de que non era posible aprobar outras obras, votaron en contra da proposta do Goberno. O tránsfuga, xunto cos seus aliados de PP e PSOE, presentaron unha relación de ideas e ocurrencias que non se poden incluír no Plan provincial por carecer de proxecto de construción, valoración económica e os informes preceptivos da secretaría e a intervención do Concello.

 

Ao pleno non asistiron as concelleiras de Alternativa dos Veciños Susana Guimarey e Mercedes Caridad, ambas de baixa médica despois de que o alcalde procedera a sacarlle as competencias ao concelleiro Francisco Bello por negarse a participar nas reunións semanais do Goberno e actuar por libre sen dar explicacións de ningún a tipo ao alcalde nin aos demais compañeiros do Goberno. Casualmente, ou non, a baixa médica destas dúas concelleiras produciuse un par de días despois de que ambas ameazasen ao alcalde por escrito de que no caso de non restituirlle o soldo e as competencias a Francisco Bello tomarían medidas. Desde entón, 5 meses despois, seguen a cobrar do Concello o seu salario pero sen atender as súas obrigas como concelleiras.

 

É indignante que o Concello de Carral vaia perder 1.184.087 euros da Deputación pola ambición desmedida e o odio persoal de persoas que cos seus actos demostran que non lles importa absolutamente nada mellorar o seu municipio nin a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.