Monday 24 de February de 2025

O Concello salva o plátano centenario de Mera


Esta mesma mañá quedou completamente saneada a árbore de Mera atacada por un delincuente ecolóxico. O Servizo Municipal de Xardinería procedeu a retirar a sal e a limpar en profundidade este histórico plátano, un símbolo da localidade de Mera, quedando así asegurada a súa conservación.

 

O Concello fai un chamamento a toda a veciñanza para que no caso de sorprender a algún individuo actuando contra esta árbore o comunique de inmediato á Policía Local chamando ao 981 610 001.