
Hoxe tivo lugar a presentación dos campamentos dixitais que terán lugar durante o entroido na aula CeMIT de Ribeira os días 3, 4 e 5 de marzo de 10:00 a 13:00 h.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta debullou unha programación “que está orientada para nenos e nenas de 9 a 11 anos no que van a adquirir coñecementos en determinadas competencias dixitais dun xeito útil, creativo e responsábel” anunciou Suárez-Puerta.
Neste campamento dixital de entroido aprenderase a atopar información de valor en internet así como a saber filtrar e buscar información dun xeito máis efectivo, coñecerán ferramentas para crear contido dixital, a importancia de crear contrasinais seguras e a protexer os datos persoais. Tamén no eido da información coñecerán as pautas para verficar a información que se comparte e detectar as novas falsas.
No tema do multipantalla daranse consellos para controlar o tempo fronte ás mesmas e a exercitar hábitos saudábeis de desconexión e benestar dixital. En redes sociais, a saber coidar a privacidade e as normas de comportamento así como detectar e previr situacións de ciberacoso.
O uso consciente e responsábel de internet e as redes sociais, recomendacións sobre a protección de datos, identidade dixital e reputación “online” asi como as competencias dixitais para a procura de emprego.
Suárez-Puerta sinalou “este campamento é para unha idade temperá como pode ser a franxa dos 9 a 11 años, está aprendizaxe lles aportará as ferramentas para facerlle fronte aos perigos da rede e ter coñecemento para facer un uso correcto de tódalas posibilidades que ofrece o mundo dixital”, e anotou que “a día de hoxe os nenos e nenas van crecendo nun entorno xeneralizado e normalizado da exposición ás redes sociais sen ter ningún tipo de pauta ou formación previa; o que queremos e desexamos, é que estean preparados e formados para ter a posibilidade de medir; hasta que punto se hai que expoñer e como saber detectar os seus perigos mentres á vez sexan conscientes de administrar o consumo das pantallas a diario”.
Finalmente o concelleiro animou aos pais e nais a que se apunten a este campamento dixital de entroido no que porán facelo chamando ao 981 87 60 43.ou enviando un correo a cemit.ribeira@xunta.gal