Saturday 22 de February de 2025

O Concello inviste 66.000 euros no programa de excursionismo e sendeirismo Ven e Descubre


Para ofrecer un ano máis actividades de sendeirismo e excursionismo ás persoas maiores de 65 anos, o Concello vai investir 66.622,66 euros na contratación do programa “Ven e Descubre”. En total serán 1.395 prazas distribuídas en 17 saídas dun día, 12 rutas de sendeirismo e 2 excursións de fin de semana completo.

A empresa contratada deberá poñer os monitores e monitoras e o transporte de autobús, ademais de coordinar o deseño e execución dos itinerarios indicados polo Concello.

Ven e Descubre é unha das numerosas actividades de envellecemento activo que organiza o Concello para mellorar a calidade de vida das persoas maiores.